Os Miñatos comúns, Buteo buteo (Busardo ratonero), son as rapaces que máis abundan pola zona. É moi frecuente observalos pousados nos postes e valados preto dos camiños e estradas.
Un espazo adicado á natureza galega, á ornitoloxía, ao mar, á vida salvaxe que aínda perdura.
sábado, 30 de novembro de 2013
Miñatos comúns
Poderíase dicir que come o que se lle poña por diante: alimétase de topos e ratos principalmente, pero tamén doutras aves, coellos, reptiles, anfibios, insectos e vermes.
Cría entre marzo e xullo, cunha posta de 2-3 ovos.
Soe facer o niño no alto de árbores, en pequenos boques preto de prados abertos onde caza.
Dende os postes agarda e observa as súas posibles presas.
A este exemplar xoven colleuno a chuvia.
luns, 25 de novembro de 2013
PEQUENAS LIMÍCOLAS
Ahí van unhas fotos dalgunhas pequenas límicolas. Desta volta Pirlos curlibicos, Calidris alpina (Correlimos común), pola praia de Arealonga a finais do verán.
Tamén eran numerosas as Píllaras reais, Chararadrius hiaticula, (Chorlitejo grande) e os Pirlos bulebule, Calidris alba (Correlimos tridáctilo). Sen dúbida agradeceron a arribazón das algas.
venres, 22 de novembro de 2013
GARZAS MEDIANAS POLO OCCIDENTE DE ASTURIAS
Estes días atrás, do outro lado da ría (en concreto polos prados de Barres), había unha autentica invasión de Garzas medianas, Bubulcus ibis (Garcilla bueyera). Puiden contar case 200 exemplares, distribuidos entre a zona de Penarronda, Villaldún e os prados máis preto xa das Figueiras.
mércores, 20 de novembro de 2013
ACTIVIDADE NA RÍA
Na enseada da Liñeira podemos observar numerosas aves estes días, sobre todo limícolas.
E este, o da esquerda, Pirlo cubranco ou ferruxento, Calidris ferruginea (Correlimos zarapitín) ??
Numerosos exemplares de Mazarico curlí, Numenius arquata (Zarapito real); aquí un par deles aterrando nun dos illotes.
Tamén andaban por alí os lampareiros ou Gabitas euroasiáticas, Haematopus ostralegus, (Ostrero euroasiático). En concreto trátase dun individui inmaduro (presenta o extremo do bico aínda de cor escura).
Pronto se uniron a eles un grupo de Biluricos pativerdes, Tringa nebularia (Archibebes claros).
Faltaban os por chegar os Pirlos. Neste caso un exemplar novo de Pirlo curlibico ou común, Calidris alpina (Correlimos común joven).
O espazo ao abrigo do suroeste íase esgotando e houbo algunha liorta.
Xa cando me ía marchar chegaron para descolocarme dous paxariños. Se alguén quere botarme unha man...
Este primeiro que podería ser un exemplar novo de 1º inverno de Pirlo curlibico ou común/ Correlimos común??
E este, o da esquerda, Pirlo cubranco ou ferruxento, Calidris ferruginea (Correlimos zarapitín) ??
domingo, 17 de novembro de 2013
RULA COMÚN DE PRIMEIRO INVERNO
Esta Rula común de primeiro inverno, Streptopelia turtur (Tórtola europea ou común), atopábase alimentándose nun prado de cereal na costa de Vilaframil. Ten unhas cores preciosas.
A carón dela había un grupo de Pombos torcaces, Columba palumbus (Paloma torcaz).
sábado, 16 de novembro de 2013
PÍLLARAS RISCADAS
Ahí van unhas fotos dun grupo de Píllaras Riscadas, Arenaria interpres (Vuelvepiedras Común). Andaban este verán pola marxe oeste da praia de Arealonga: 3 machos con prumaxe estival e o que penso que é unha femia ou un macho de primeiro verán.
xoves, 14 de novembro de 2013
UN POUCO DE VIDA
Despois do de onte... ahí vai algo de vida:
Unhas instantáneas dun exemplar de Mazarico rubio ou rabipinto, Limosa lapponica (Aguja colipinta).
Atopábase a pasada primavera pola poza de Rinlo no paso prenupcial, ao carón das Patudas que xa poidéstedes ver.
Unhas instantáneas dun exemplar de Mazarico rubio ou rabipinto, Limosa lapponica (Aguja colipinta).
Atopábase a pasada primavera pola poza de Rinlo no paso prenupcial, ao carón das Patudas que xa poidéstedes ver.
Fixando o obxectivo...
Premio! Unha miñoca!
martes, 12 de novembro de 2013
LAMPAREIROS E MAZARICOS CHIADORES
Desta volta un grupiño de Lampareiros ou Gabitas euroasiáticas, Haematopus ostralegus (Ostrero euroasiático en castelán). Atopábanse hai un par de meses voando pola costa de Rinlo, preto da Pena Corveira.
Ademáis levaban algún que outro acompañante: Mazaricos chiadores, Numenius phaeopus (Zarapito trinador).
UN PAR DE COELLOS POR VILAFRAMIL
Se madrugamos un pouquiño no verán, e sen ser necesario por este tempo, poderemos observar fácilmente os coellos nos prados costeiros de Vilaframil e Rinlo. Supoño que reintroducidos por cazadores, dado o seu elevado número estes últimos anos e o pouco medo que nos teñen (aínda que descoñezco este dato).
domingo, 10 de novembro de 2013
XÍLGAROS NA COSTA
Desta volta un grupo de Xílgaros comúns, Carduelis carduelis, (Jilgueros en castelán).
Atopábanse alimentándose a pasada fin de semana polos prados costeiros de Rinlo, dentro dunha bandada duns 100 exemplares. Preciosas aves.
sábado, 9 de novembro de 2013
Patudas en Rinlo
A primeira entrada vai referida á ave que tomei como imaxe de portada:
Unha parella de Patuda común ou Pernalonga (Cigüeñuela común en castelán, Himantopus himantopus), que aló pola pasada primavera descansou uns días por Rinlo.
A verdade é que son uns paxaros verdadeiramente esbeltos, cunha beleza tan fina coma desproporcionadas son as súas extremidades inferiores.
Poderían coser con ese bico.
Unha parella de Patuda común ou Pernalonga (Cigüeñuela común en castelán, Himantopus himantopus), que aló pola pasada primavera descansou uns días por Rinlo.
A verdade é que son uns paxaros verdadeiramente esbeltos, cunha beleza tan fina coma desproporcionadas son as súas extremidades inferiores.
Poderían coser con ese bico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)