Velaí van unhas fotos que lle puiden sacar a un Bilurico bailón, (Actitis hypoleucus) na praia ribadense de Esteiro. Aproveitaba os primeiros raios do sol, pois eses días ía moito frío a primeira hora da mañá.
Son aves que se identifican de modo sinxelo, polo característico e esaxerado movemento do rabo, basculándoo constantemente arriba e abaixo.
Aquí podedes ver a flexibilidade que teñen.
No pequeno regato que desemboca na praia atopaba alimento (insectos, vermes e materia vexetal)
Gústanlle as zonas onde exista unha corrente bastante rápida.
Aniña en case todo o continente europeo.
En Galicia é invernante común, con cría localizada.
Hola Oscar.
ResponderEliminarBuen hallazgo y muy buena sesión de fotos.
Un saludo.
p.d. He agregado tu blog a Mi Lista de Blogs, espero que no te moleste. ;)
Boas Rafael,
ResponderEliminarFaltaría máis, gracias a ti por agregarme e tamén polos cumpridos, aínda que a cousa non os merece.
Íache dicir que facía o mesmo co teu blog, pero xa estaba na miña lista :)
Apertas!