expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

martes, 3 de decembro de 2013


Estes días estase a observar na Ría un exemplar de Ganso cabecinegro, (Pablo Miki García), Branta bernicla,  (Barnacla carinegra en castelán). Así que acordeime destas fotos que tiña gardadas do 1 de xaneiro, doutro exemplar que andaba a pasar uns días pola beiramar en Rinlo, preto da  famosa charca artificial (aborto de piscifactoría).


A subespecie bernicla cría na costa, na tundra en Rusia e Siberia.


Ese día había un forte vento do SO, e supoño que aproveitou para coller forzas durante unha temporada, comendo nos brotes da herba costeira.


Parecía bastante confiada a verdade.

















En Galiza podemos observala, aínda que escasa, entre novembro e marzo, pois migra cara as costas do NO de Europa para pasar o inverno.



1 comentario:

  1. Hola Óscar.

    ¡Qué suerte que se te puso a tiro a tan corta distancia! Yo he fotografiado a esta especie dos veces pero desde lejos, muy lejos, en ambas ocasiones se encontraban en los alrededores del canal principal de la ría de O Burgo, con fotos que con suerte valen a modo de testimonio, en cambio con las tuyas se puede hacer un book.

    Por último, si no te parece mal te agrego a Mi Lista de Blogs.

    Recibe un cordial saludo.

    ResponderEliminar