Estes días abundan pola zona as Píllaras douradas, Pluvialis apricaria (Chorlito Dorado Europeo).
Crían no norte de Europa, nas áreas bañadas polo Mar Báltico e o Mar do Norte.
Esta imaxe é dun grupo duns 400 exemplares que se alimentan nos prados preto de Tapia.
En Galicia é inverante común entre decembro e marzo.
Tamén se poden observar nos pasos (prenupcial de abril a maio; postnupcial de agosto a outubro)
Podemos observalos en praderías e campos de labor habitualmente, onde se camuflan moi ben cos tonos dourados do seu lombo, especialmente os individuos illados.
Aliméntanse de sementes, insectos e as súas larvas, vermes e outros invertebrados.
Son aves bastante asustadizas. Estes dous exemplares atopábanse sós no burato da piscifactoría en Rinlo.
Ben mimetizados entre a herba seca e as luces do solpor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario