De momento ahí van unhas instantáneas dunha Pica dos Prados, Anthus pratensis (Bisbita pratense ou común).
Estas aves habitan no centro e norte de Europa, e pasan os invernos en áreas máis occidentais e na cunca mediterránea.
En Galiza observámolas coma invernantes comúns entre setembro e marzo, aínda que tamén existen citas da súa cría esporádica.
Son máis abondosas canto máis frío sexa o inverno.
Adoitan verse nos prados abertos, alimentándose entre a herba de insectos, vermes e arácnidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario