expr:class='"loading" + data:blog.mobileClass'>

mércores, 4 de decembro de 2013

Bilurico común deste verán por Rinlo

Este pasado verán tiven a oportunidade de achegarme a uns cantos Biluricos comúns, que se atopaban alimentándose na poza de Rinlo. Este é un exemplar adulto, coa plumaxe estival.


Neste caso, unha parexa xoven.


O Bilurico común é un paxaro habitual nas zonas húmidas en Europa, e cría en case todo o continente.


É unha ave que podemos observar na Península como invernante, reproductora e tamén coma migradora.


Aliméntase de insectos, moluscos, vermes e vexetais.


En Galiza podemos velas a miúdo no inverno, e tamén nos pasos prenupcial e postnupcial.


liméntase de insectos, moluscos, vermes e vexetais.


Na nosa terra é raro que críen, aínda que existen citas illadas.


Inverna no Sur de Europa, ata o Sur de África.


Pon en maio 4 ovos, que os proxenitores chocan durante 23 días.


Aos 25 días os polos xa voan.


Habita en esteiros, marismas, prados próximos a ríos, encoros...






Ningún comentario:

Publicar un comentario