Hoxe aproveitei as poucas horas de luz que quedaban da tarde para achegarme ata a praia de Arealonga, e ver o que se movía por aló.
E á beira dun gran grupo de Gaivotas choronas que se alimentaban nos restos das algas de arribazón, atopábanse unhas 30 grandes gaivotas.
Había algún exemplar de Gaivotón común, Gaivota patiamarela e Gaivota escura.
E foi nun exemplar desta última especie, no que puiden observar e ler unha argola, en concreto Negro 5CC3: B5CC3
Gaivota escura / Gaivota sombría / Lesser Black-backed Gull (Larus fuscus)
Argola de cor / Anilla de color / Colour Ring: B5CC3
Argola metálica / Anilla metálica / Metal Ring: D7998
Idade no anelamento / Edad en el anillamiento / Age at Ringing: capturada con 4 ou máis anos de calendario / hatched four or more calendar years ago
Sexo: Femia / Female
Data do anelamento / Fecha del anillamiento: 30/06/2013
Lugar: Ty Coed, Vale Marais, Guernsey (O Bailiazgo de Guernsey forma parte do arquipélago das Illas do Canal, situadas nas proximidades de Normandía, no Canal da Mancha, aínda que pertencentes á Coroa Británica).
Latitude: 49.49731 Lonxitude: -2.532182
Observador: Veron, Paul
Observada por primeira vez tras o anelamento hoxe día 20/12/2013, na praia de Arealonga, Barreiros, Lugo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario